O planeta Terra examínase
Hoy no es que sea un día especial, ni mucho menos, pero creo que ya va siendo hora de que os familiaricéis un poco más con el gallego. Hoy quiero enseñaros un cuento de uno de los libros que a mí me encantaba releer de pequeña. El autor es "José Antonio del Cañizo" y su imaginación siempre me ayudó a estar en las nubes cuando no me encontraba a mi misma.
¡Disfrutad!
Si tenéis alguna duda, ya sabéis que aquí no se come a nadie; de momento 😇.
Organización de galaxias unidas
A O.G.U, Organización de Galaxias Unidas, celebraba unha asemblea xeral.
O seu presidente era o delegado dun planeta que xiraba arredor da estrela Alfa e de Centauro. Parecía unha lavadora con tentáculos pintada de laranxa. Achegouse ó micrófono e abriu a sesión:
-Señores representantes de tódolos planetas habitados, membros da organización de Galaxias Unidas: dá comezo a sesión número mil catrocentos vintesete. Debaterase o único punto da orde do día: a admisión ou non do palaneta chamado Terra, do Sistema Solar da Vía Láctea, quen solicitou pertencer á O.G.U. O exame vai comezar. A señora delegada da terra ten a palabra.
Un aplauso cortés, pero frío e breve, saudou a subida ó estrado da delegada.
Estaba moi nerviosa.
Percorreu coa ollada o inmenso emiciclo, e caeulle a alma aos pés.
Mirábana milleiros de seres estrañísimos. Gardando un silencio hostil, esperaban o seu discurso.
¡Cativo tribunal!
Uns eran xigantes verdosos, parecidos aos reptís prehistóricos da Terra. Outros, minúsculas esferas translúcidas cunha luciña tenue no seu centro. Ese da primeira fila recordáballe unha vaca de folla de lata confeccionada por un ferreiro tolo. Aqueloutro que a fitaba era todo ollos: catorce ou quince grandes ollos, xelatinosos e sanguinolentos, unidos entre si por uns fíos, como se os levase arracimados un vendedor de globos.
Moitos escanos estaban baleiros. Pero ela sabía que non era debido a que faltase moita xente, como nos parlamentos da Terra, senón porque os habitantes de numerosos planetas eran microscópicos, e algúns mesmo invisibles.
-Como hei poder convencer eu a esta colección de monstroíños de que nos admitan? Vaia tribunal examinador que me tocou! Danme risa os que tiven no colexio e mais na universidade. E pensar que aqueles me daban medo... Se eran uns benditos, ó lado desta colección de pesadelos, esta enciclopedia do disparate en fascículos, este museo dos horrores... Como lles faría eu ver a estes que a Terra ten méritos de sobra para pertencer á O.G.U? -pensou, coa moral polo chan.
Tiña que intentalo.
Empezou o seu discurso con voz vacilante. Logo, pouco a pouco, foi collendo dominio de si e facéndoo mellor.
Cantou as excelencias da Terra. Describiu e gabou a inxente obra da humanidade, á que tiña honra de representar.
Falou da cultura, a arte, a ciencia, a música, os chipiróns na súa tinta, as cigalas á prancha, as pirámides de Exipto, da Venus de Milo, da tortilla de patacas, das posta de sol á beira do mar, do arco da vella, das auroras boreais, da rafa con chocolate, dos xelados de tutifruti... De todo.
E rematou cun "¡Viva a Terra!" que ninguén coreou.
Non se oíu nin un aplauso.
Estaba claro que ían xulga-la súa petición cunha frialdade absoluta.
¡Menos mal que ela confiaba moito nas probas que levaba preparadas!
O presidente ordenou:
-Pasemos ás probas a favor e en contra. A señora delegada da Terra continuará no seu posto. O señor delegado de Marte foi designado Rebentador Oficial, a pedido propio. Sirvase ocupa-la tribuna da miña esquerda.
-¡Noxento marciano! ¡Bicho repugnante! ¡Acusica Barrabás, no inferno te verás! -espetoulle a delegada ao seu adversario, en voz baixa, cando cruzou por diante dela.
O marciano reptaba como unha lesma xigante. Levaba ás costas un baúl enorme, sen dúbida ateigado de probas contra a Terra.
Fulminou coa mirada á representante do planeta veciño e odiado, e ocupou o seu posto.
Comezou o duelo.
Ela foi tirando da súa maleta as probas a favor e o repelente marciano foi esgrimindo rápidamente outras en contra.
Ela quitou unha rosa, e el mostrou unhas imaxes de Hiroshima despois da bomba atómica.
Ela ensinou unha reproducción das Meninas, e el tirou do baúl a maqueta dun misil.
Ela ofreceu unhas vistas dos belísimos templos gregos, e el enfrontounos con outras dunha cidade cuberta pola bóbeda turbia da contaminación.
Cada proba que aportaban era mostrada a todos nunha reproducción xigantesca que surxía no centro inmenso do hemiciclo. Os delegados contemplábanas, bisbillaban, tomaban notas ou tecleaban nos seus ordenadores.
Ela, desesperada, puxo en marcha un magnétofono e fixo soa-la "Pequena Serenata Nocturna", de Mozart. A sala encheuse de murmurios aprobadores. Unhas enormes serpes de cor escarlata puxéronse a danzar, e uns torgallos caranguexos de tenaces fluorescentes acompañáronas, ata que o presidente os chamou á orde.
O marciano, sen darse por vencido, aportou un documental dun suburbio de chabolas e ratas, charcos e basuras.
Aquilo foi esgotador.
A tensión subía e subía.
A delegada sentíase a morrer. Acabáronselle-las probas a ámbolos dous. Un rumor crecente de comentarios e discusións facía ferve-la sala.
Tódolos delegados coincidían en que nunca, nunca, resultara tan reñido e polémico o exame de admisión dun novo planeta, e todos discutían afervoadamente.
Oíanse voces airadas, asubíos estarrecentes, sereas enxordecedoras, discusións acedas, insultos atroces e sonoras labazadas. Sobre toda aquela barafunda ergueuse un entrechocar de cazolas, e resultaron ser dous robots xigantescos que se enguedellaran nunha loita corpo a coro.
O presidente vociferou e bateu na mesa cun mazo.
Pouco a pouco, os señores delegados foron calmando.
O presidente deu orde de votar. Todos pulsaron os seus botóns. Nun gran taboleiro íanse sumando os votos. Ó cabo, dous grandes números palpabrexaron, un verde e outro vermello. Ambos eran idénticos. Empataran!
Os votos favorables á admisión da Terra e os votos en contra alcanzaban a mesma contía.
Como se podía saír daquela situación?
A derradeira oportunidade
Na sala reinaba a expectación e mailo apaixonamento.
-Que pasará agora? Que decisión tomarán? Eles terán algo previsto para os casos de empate? -preguntaba para si, inquieta, a delegada.
De novo, os golpes do mazo impuxeron o silencio.
-Unha proba máis -esixiu o presidente-. Hai que logra-lo desempate. Unha última oportunidade para o planeta Terra ou unha proba definitiva contra el!
Miraba alternativamente á delegada e ó marciano. Ela contemplaba a súa maleta baleira. El rebuscaba ansiosamente no fondo do seu baúl, sen atopar cousa.
A pobre delegada mordía os labios. Retorcía as mans. Mexíase no estrado, impotente. Non tiña nada máis para amosarlles. Que podía argumentar? De que lles podería falar? Como habería lograr convencelos?
Canto máis confusa e desesperada estaba, oíu berrar:
-Mamá, colleo, colleo!
E o seu fillo irrompeu no hemiciclo, perseguindo a un coelliño branco que corría cara ó estrado.
-Pero, que fas? Non che dixen que fiques quedo aí fóra? Isto é moi importante!
-E que Toni asustouse. Achegóusenos unha sorte de polbo vesgo con muletas e el fuxíu. Ten moito medo! Axúdame!
-Non me podo distraer agora. É un momento crucial para a Terra! Deixa ese coello e vaite!
-Ahá, xa te collín! Toni, non te asustes. Estou eu contigo.
O neno, ao lanzarse ó chán para atrapar ao seu amigo, foi caer no medio do hemiciclo. Púxose en pé, abrazando a Toni. E a súa imaxe axigantada inundou a escea, á vista dos miles de delegados de tódolos planetas.
A sala encheuse de exclamación de sorpresa. Milleiros de ollos esféricos, tubulares, periscópicos, microscópicos, metálicos, vidrados, irisados, denegridos, esmaltados, saíron das súas órbitas. Nunca viran un ser semellante!
-Que é iso?
-Que proba é esta?
-Como non a amosara ata o de agora?
-Gardouna para o remate!
Todos berraban, intrigados, exaltados, afervoados.
O neno bailaricaba co seu amigo, cantaruxando, dando pulos, falándolle e xoguicando cás súas orellas.
O marciano lanzáballe olladas incendiarias.
O presidente preguntoulle ao marciano:
-Ten algunha outra proba?
Ó ver que marciano baixaba a cabeza, berrou:
-Nova votación!
Milleiros de tentáculos, dedos visgosos, lancetas aceiradas, variñas telescópicas, gadoupas crispadas, trompas metálicas e aletas verdosas pulsaron de novo os botóns de votar.
A Terra foi afmitida por milleiros de votos contra un: o do marciano.
A delegada botou un berro de alegría.
Pero o neno nin se enterou.
Corría de novo tralo coello branco, que se asustara coa ovación que atroaba a sala.
Os representantes de tódolos planetas habitados aplaudían á Terra.
A delegada tirou un paniño e secou sudes.
Mentres, o neno perseguía ao seu amigo dando brincos, chamábao polo seu nome e ría alegremente.
FIN
Y llegamos al final, ¿qué os ha parecido?
Bạn đang đọc truyện trên: Truyen247.Pro