Chào các bạn! Vì nhiều lý do từ nay Truyen2U chính thức đổi tên là Truyen247.Pro. Mong các bạn tiếp tục ủng hộ truy cập tên miền mới này nhé! Mãi yêu... ♥

Ith

Siguiendo con la estela del anterior capítulo de familiarizarnos con el gallego, aquí quiero dejaros otra muestra.

"Ith" se trata de un libro publicado por Silvestre Gómez Xurxo, un profesor y licenciado en Geografía e Historia y Psicopedagogía.

É unha tarde fría e clara de inverno. Os ventos do norte que sopran estes días non teñen auga para formaren nubes. Son aires duros que cuartean a pel e queiman os campos. Son aires de xeadas e lobos famentos ouleando na noite. Non é o tempo máis amante, pero Ith vai coma cada tarde á illa e sobe ata o campo da torre. Hoxe vai . No fondo, é como prefire ir.

Os demais quedaban arredor dunha boa larada, sentsos xerarquicamente de vellos a mozos, pois ese era o costume que se seguía de vello, polo respecto e o cariño que se sentía polos maiores.

A caída da tarde nos días de inverno é a hora da fantasía, das palabras garves e das algareiras ó agarimo do lume. Nesas horas tamén se aprenden as historias que manteñen viva a memoria colectiva do pobo. E así pasan de xeración en xeración formando parte do orgullo de todos e cada un.

A illa da torre está case pegada á aldea, de feito, é illa a medias, dependendo da marea. Co devako, ábrese unha lingua clara de area que une a illa á terra; coa chea, vese unha illa ben formada. Desta vez, a marea está baixa e Ith fai a o camiño da illa. Ama ese camiño e gústallesentilo directamente baixo os pés. Coñéceo tan ben que anda treitos cos ollos pechados e sabe, polas sensacións do tacto e do olfacto, o lugar xusto en que está en cada momento.

Para Ith, o campo da torre abre tódolos mundos, porque el sabe ben que o mar é o grande camiño que sempre se pisa por primeira vez e que leva a todas partes, ás coñecidas e ás que están por coñecer. Por algo é fillo do sabio e valoroso Breogán, que chegou polo mar a estaa terras para darlles nome e fillos que poboasen. Quizais o seu destino sexa ese: botarse ó mar e atopar novas terras para poboalas e darlles nome.

Ith é un soñador. A aldea e as súas terras forman un mundo importante, pero pequeno de máis para os seus soños. El precisa mirar alto e lonxe para respirar fondo e atopar aire abondo que encha o seu peito afouto e baril.

Os ollos de Ith pérdense outra volta na auga seguindo o trazado dos seus soños e avanzan cara o norte, antes de que se consuma totalmente a luz do sol. O seu corazón bate coa forza do presentimento. E cando se atopa de fronte ó norte, non pode acreditar no que ven os seus ollos. Aló nos confíns, perdida no horizonte, onde alcanzan os ollos máis agudos e ilusos, porque non é doado diferenciar entre o que se ve e o que se desexa ver, está a luz da terra tanto tempo presentida. Na hora do luscofusco xorde un resplandor que se espella nas augas do océano. Ith refrega os ollos e contén o ánimo. Volve do campo da torre. Permaneceu mirándoa ata que aquela luz se sumiu apagada pola forza da lúa chea. Unha terra que el sabía fermosa e farturenta, a onde levaría a súa estirpe a vivir en paz e prosperidade. A vida dun home, aínda a dun soñador, contida en pooucas palabras: torre, terra, mar, soño.

Ith era uno de los diez hijos de Breogán, el mítico caudillo celta que, segundo la leyenda, fundó el reino de Galicia.
Ith fue quien, saliendo de las playas gallegas, atravesó el mar y llegó a las tierras de Irlanda.
Las historias de Breogán y de su estirpe están recogidas en Lebhar Ghabhála (Libro de las invasiones), un manuscrito en gaélico del s.XII donde se recoge la tradición oral.

Os fijáis en que Ith resume su vida en cuatro palabras, ¿cuáles serían vuestras propias cuatro?

¿Cómo se os dio este texto? ¿Bien? ¿Tenéis alguna duda? ¡No os quedéis con ella!

Bạn đang đọc truyện trên: Truyen247.Pro