Chào các bạn! Vì nhiều lý do từ nay Truyen2U chính thức đổi tên là Truyen247.Pro. Mong các bạn tiếp tục ủng hộ truy cập tên miền mới này nhé! Mãi yêu... ♥

Identidade galega

Antes de leer. En este ensayo cómico, con bastante retranca, el autor trata de acercarse a la identidad gallega. Le parece fácil hablar de la identidad de otros pueblos, como el catalán o el vasco... Pero al intentar encontrar la de los gallegos solamente encuentra un gusto común: el amor por los animales cocinados y  la "paparota" (podría traducirse como la comilona).
Este trocito de texto ya tiene años, pero parece seguir reflejando algo muy gallego.

Autor: Ánxel Vence.
Título: "Viva a paparota ceibe"

Andan os sabios á procura* da identidade nacional mesmo aquí, en Galicia, país de xentes dubidosas que acostuman mirar tódolos días o seu DNI para se aseguraren de que son eles e non calquera outro que pasaba por alí.

Os cataláns, un supoñer, teñen claro que son o máis culto e europeo dos pobos da Península. Os vascos saben que son vascos e punto (sobre todo os de Bilbao): xente un pouco agreste* que economiza as palabras, quizais como tributo á súa vella lingua éuscara, pétrea* e telegráfica*.

Os galegos, madia leva*, vivimos nunha perpetua dúbida existencial que nos impide saber quén somos, de ónde vimos, cara ónde imos...

Ninguén debe estrañarse, pois, de que xa nas beiras* do século vinteún se siga discutindo aquí se os nosos devanceiros foron os celtas ou se a gaita de tres roncóns pertence ou non á nosa cultura enxebre.

Se nin sequera nos poñemos de acordo en cuestión de gaitas (hai unha guerra, como saberán, entre gaiteiros con conciencia e gaiteiros desalmados), xa me dirán vostedes que raio de sentimento nacional imos ter por estas terras.

Pois ben: nin gaitas, nin celtas, nin santo sepulcro. O que realmente define aos galegos —e nisto, si, imitámonos aos irlandeses— é o culto á paparota. Tanto é o noso amor aos animais (previamente pasados pola tarteira, claro está) que xa perdémo-la conta das festas dedicadas cada ano ó porco, á lamprea, ó choco, ás angulas e a canto bicho susceptible de ser cociñado caia, infeliz, nas nosas mans.

Seica se trata dunha herdanza psicolóxica, pero o certo é —calquera que fose o motivo— que os galegos temos feito da comida a nosa paixón nacional por excelencia. Trátase do gran sinal de identidade galego, o noso carné colectivo coma quen di, iso implica, sen dúbida, que o culto á comida configure aquí a política, a cultura e tantas e tantas outras ramas do intelecto aparentemente afastadas do acto fisiolóxico de papar...

*Á procura:  a la búsqueda.
*Agreste: rústica.
*Pétrea: dura como la piedra.
*Telegráfica: de frases cortas, como los telegramas.
*Madia leva: pues no faltaba más.
*Nas beiras: muy próximos.

Bạn đang đọc truyện trên: Truyen247.Pro