Chào các bạn! Vì nhiều lý do từ nay Truyen2U chính thức đổi tên là Truyen247.Pro. Mong các bạn tiếp tục ủng hộ truy cập tên miền mới này nhé! Mãi yêu... ♥

Historia de Galicia I

Na actualidade forman parte da nosa paisaxe: castros, murallas, castelos... Todas elas teñen unha historia e hoxe toca falar dela.

Paleolítico

As primeiras probas da presenza humana en Galicia son instrumentos de pedra que se remontan a fai 300.000 anos, no Paleolítico Inferior.

Do período do Paleolítico, que nesta zona dura ata aproximadamente o 5.000 a. C., existen diversos xacementos como os de Camposancos (A Guardia), Gándaras de Budiño (Porriño), Monte do Castro (Vigo) e Pena Grande (Villalba). Tamén son notables os descubrimentos na parte portuguesa do Río Miño nos que se preservaron restos de animais e líticos neandertais de ata o Paleolítico Medio, grazas ao seu ambiente.

Cultura megalítica

Propia do período Neolítico (5000 á 2000 a. C.), caracterizábase pola súa capacidade constructora e arquitectónica, xunto co seu sentido relixoso, fundamentado no culto aos mortos como mediadores entre o home e os deuses. Este sentido relixoso abarca a súa importancia ata á actualidade.

Dise que a sociedade estaba organizada nun tipo de estructura de clans.

Da época do megalítico dan testimonio millares de túmulos extendidos por todo o territorio, xeralmente referidos en galego como mámoas. No seu interior estos túmulos escondían una cámara funeraria de dimensiones maiores ou menores, edificada con lousas de pedra, o que é coñecido como dolmen.

Bạn đang đọc truyện trên: Truyen247.Pro