Chào các bạn! Vì nhiều lý do từ nay Truyen2U chính thức đổi tên là Truyen247.Pro. Mong các bạn tiếp tục ủng hộ truy cập tên miền mới này nhé! Mãi yêu... ♥

Frases

Hai en galego moitas expresións que son tan propias da nosa zona e tan usadas pola xente que vive en Galicia que ás veces non nos damos conta que o resto do mundo non as coñece, pero iso vai cambiar.

Aquí vai unha mostra desas nosas manifestacións cunha pequena explicación.

Marcho que teño que marchar: un adeus totalmente inevitable.

A modiño: despacio e con coidado.

Ser un miñaxoia: ser unha persoa floxa, sen astucia ...

Facer as beiras: intentar ligar con alguén.

Éche o que hai: frase de resignación.

Vas dormir quente: ameaza típica dunha nai galega.

Quedar coma un Pepe: quedar cheo despois dunha comida.

Poñerse rabudo: sacar a pasear o mal xenio.

Está feito un toxo: ser igual de agradable que un arbusto con espiñas.

O que ten cu ten medo: todo o mundo ten medo.

Caer chuzos de punta: expresión usada cando chove con moita intensidade.

E ti de quen vés sendo?: pregunta típica dunha avoa ou unha señora para averiguar de que familia es.

Malo será: expresión optimista.

A unha carreiriña dun can: a pouca distancia.

Traballar de balde: traballar gratis, sen cobrar nada.

Morra o conto: dar por rematada unha polémica, non falar máis dese tema.

Bạn đang đọc truyện trên: Truyen247.Pro