25 de Xullo
O 25 de xullo celébrase o Día de Galicia e a Festividade do Apóstol Santiago, unha celebración que ten lugar en múltiples localidades españolas e puntos de todo o mundo.
Fai anos que Galicia ten oficialmente o seu día, pero tivo que esperar para que o primeiro Parlamento galego o aprobara e ratificara políticamente para incluílo no Estatuto de Galicia.
As orixes desta celebración remóntanse ao 1919, ano no que se reúne en Santiago de Compostela a Asamblea das Irmandades da Fala, que acorda celebrar o 25 de xullo do ano seguinte o Día da Patria Galega. Unha decisión na que participaron históricos galeguistas como os irmáns Vilar Ponte, Losada Diéguez, Risco ou Cabanillas.
Habería que esperar ata mediados dos anos 20 para que ese día se celebrara en casi toda Galicia, e incluso nos centros de emigración galega, con música e panfletos que difundían a ideoloxía galeguista e o uso da lingua galega.
Pero nas décadas seguintes tanto a Dictadura de Primo de Rivera como o franquismo prohiben tal celebración, que se convirte nun acto máis íntimo entre os galeguistas. Por aquel entón, era na emigración onde máis se mantiñan as celebracións galeguistas, entre elas destaca, en 1948, "Alba de gloria", o discurso realizado por Castelao no Centro Galego de Bos Aires:
Non é ata 1978, cando se constitúe o Goberno preautonómico. O que preside ese pre-parlamento decide impulsar un acordo entre tódolos grupos presentes para designar o día 25 de xullo como "Día Nacional de Galicia", co visto e prace do Partido Comunista. Non lle gustou tanto o nome -non a fecha- aos grupos nacionalistas, xa que o interpretaron como unha "maniobra" para diluir a reivindicación nacionalista. Para os colectivos nacionalistas e independentistas ese día seguiríase chamando, e aínda se sigue chamando, "Día da Patria Galega". En 1981 ten lugar a aprobación definitiva deste día.
O 25 de xullo celébrase tamén unha cerimonia relixosa na catedral de Santiago de Compostela, onde o Rei ou un delegado da Casa Real fai a tradicional ofrenda ao Apóstol e unha recepción con presencia das autoridades de toda Galicia.
O Apóstol Santiago é unha das figuras máis importantes do santoral cristiano e lenda en torno á que nace o fenómeno da peregrinación do Camiño de Santiago fai máis de mil anos no norte da Península.
Tras o suposto descubrimento do sepulcro donde descansaban os seus restos, ao redor do ano 813, numerosos cristianos do norte da xeografía comezaron a peregrinar ao que hoxe é Santiago de Compostela para mostrar a súa devoción. Esta costume converteuse en tradición, expandíndose o fenómeno do Camiño de Santiago a toda Europa, polo que a cidade santa se convertiu nun dos centros de peregrinación máis importantes da cristiandade, xunto a Roma e Xerusalén.
A importancia do Camiño, a figura de Santiago Apóstol e a propia cidade como centro de peregrinación fixeron que no ano 1122 o papa Calixto II decidira implantar o Ano Santo Compostelano, celebrándose cada ano no que o 25 de xullo caera en domingo. En cada Ano Santo, tamén coñecido como Xacobeo, oUtorganse indulxencias a todos os peregrinos que en Santiago de Compostela cumplan os requisitos de visitar a catedral, recibir os sacramentos e rezar unha oración.
A cidade énchese de música de tódolos estilos, danza, teatro, pasarúas e verbenas. É destacable a reunión de bandas de música de toda a Comunidade Autónoma, así como as exhibicións de traxes rexionais e bailes folclóricos.
Bạn đang đọc truyện trên: Truyen247.Pro